Os cambios na circulación melloran o tráfico na entrada de Sanxenxo e no Paseo de Silgar

SANXENXO> A reordenación do tráfico en Sanxenxo facilita a entrada de vehículos á localidade, así o asegurou o alcalde da vila. Segundo Telmo Martín, os cambios están pensados para facilitar a entrada dos automóbiles que chegan dende o Salnés e para mellor a circulación na praia de Silgar.

A reordenación do tráfico en Sanxenxo entrou en vigor a semana pasada. Entre os cambios, o máis destacado atópase no Paseo de Silgar. A estrada mantén o sentido único pero divídese en dous tramos na baixada da rúa Luís Vidal Rocha.

A entrada a Sanxenxo mellora, sobre todo, para aqueles vehículos que veñan do Salnés.

A reordenación cumpre dous obxectivos: sacar os vehículos da praia do Paseo de Silgar e favorecer que a xente visite a praia a pé.

Segundo o alcalde os cambios están a ser aplaudidos pola veciñanza. Asegura que agora se pasea mellor polo pobo e iso é grazas aos aparcamentos disuasorios e as facilidades para acceder ao aparcadoiro de nauta.