CALDAS> A Deputación de Pontevedra farase cargo da mellora da mobilidade peonil na Travesía de Dona Urraca, no concello de Caldas. Así o acordaron o presidente provincial e o alcalde caldense nunha reunión celebrada esta mañá. Iso si, Luis López puxo un condicionante: será o goberno local quen teña que conseguir os terreos necesarios para esta intervención. Recordemos que nesta zona é onde se vai situar o novo centro de saúde de Caldas.
Primeiro encontro institucional entre o presidente da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Caldas. Unha reunión celebrada no Pazo Provincial que Juan Manuel Rey aproveitou para demandar a colaboración da administración provincial na mellora da mobilidade peonil na Travesía Dona Urraca, onde se vai localizar o novo centro de saúde.
López trasladou a vontade da Deputación de atender esta demanda. Iso si, o concello terá que achegar os terreos necesarios para a intervención.
Noutra liña de actuacións, o presidente provincial adiantou a Rey que a xunta de Goberno aprobará esta semana una subvención no marco do programa +Provincia de máis de 400.00 euros para executar a primeira fase do saneamento en Soutelo de Abaixo.
O saneamento na Igrexa, por valor de 200 mil euros, e a subministración dunha furgoneta e furgónp ara o servizo municipal de obras valorada en 40.000 euros, son outras das achegas que a Deputación fará en Caldas. Estes e outros investimentos suman un total dun millón de euros.









