![]()
O GROVE> O documento regula que artigos se poden vender e as condicións. Algunhas colareiras temen perder coa medida parte do seu sustento.
{flowplayer}images/salnes/ordenanza_collareiras.flv{/flowplayer}
çO venres saía a ordenanza publicada no Boletín Oficial da Provincia. A partir de agora, regulará que artigos se poden vender, como, canto e de que maneira. As colareiras son o atractivo da illa meca, compartindo protagonismo coa Capela das Cunchas. Ninguén que fora á Toxa, pasou por alto a estas vendedoras que realizan as súas vendas ambulantes dende os oitenta e que agora, están divididas polas súas opinións respecto á ordenanza municipal.
A aprobación desta ordenanza, segundo o concello, vén pola demanda histórica dos comerciantes, que acusan ás colareiras de competencia desleal O medo a perder unha parte importante do seu sustento, é o que move a algunhas das colareiras a rexeitar o documento municipal.
Dende o Concello grovense teñen esperanza de que o tempo fará aceptar as novas normas a estas mulleres e que o medo, deixará de paralizalas, para que entendan que o que se pretende é profesionalizar esta actividade.
Redacción Salnés








