O Noia Portus Apostoli incorpora ao pivot Antonio Diz

NOIA> O Noia Portus Apostoli avanza na configuración do plantel de cara a vindeira tempada. A última incorporación do club noiés é o pivot Antonio Diz procedente do Naturpellet Segovia.

A tenda de Paco’s Moda, na rúa Ferreiro,  socio-colaborador do club, foi o lugar escollido para a presentación da nova fichaxe do Noia Portus Apostoli. Trátase de Antonio Diz, que xoga na demarcación de pivot. O xogador lugués, de 27 anos, procede do Naturpellet Segovia. Un reforzo importante, considerado un dos xogadores con maior proxección nestes últimos anos.

O xa novo xogador noiés, mostrouse moi contento pola súa fichaxe, e o feito de poder regresar a Galicia. Destacou ademais que decidiu apostar polo Noia Portus Apostoli ó ser un club en auxe.

A esta incorporación súmase tamén nas últimas semanas a fichaxe de Álex Pérez e a renovación de Sergio Quilez que seguirá no Club unha tempada máis. Causan baixa Nene, Iván Beltrán e Brais.