Alfonso e Fiti abandonan a disciplina do Portonovo

portonovo250_170610.jpgSANXENXO> Tras moitas temporadas defendendo as cores branquiazuis, ambos desvincúlanse do club de Baltar para probar sorte noutros equipos.

Dous históricos do Portonovo anunciaron que se marchan do club. Fiti e Alfonso, despois de moitas temporadas defendendo a camisa branquiazul, decidiron deixar atrás Baltar para emprender unha nova etapa nas súas vidas.

No que respecta a Fiti o motivo é que quere continuar a xogar na Preferente, unha categoría menos exixente que a Terceira e na que se sinte máis cómodo. Alfonso faino por motivos laborais aínda que tampouco descarta enrolarse nalgún club da Preferente.

Ambos escolleron este momento para marcharse, para facelo coa conciencia tranquila, despois de aportar o seu gran de area para devolver ó equipo á máxima categoría autonómica.

Por outra banda no club continúan a traballar na procura dun adestrador. Dende a directiva agardan anunciar o nome do novo técnico entre mañá e o luns.

Redacción Salnés