O PP pide a dimisión de Xurxo Charlín

    CAMBADOS> O Partido Popular de Cambados pide a dimisión do concelleiro Xurxo Charlín. Luis Aragunde criticou o vídeo que gravou e difundiu o edil no día das eleccións cando exercía como representante de En Marea. Nas imaxes vése o momento no que unha anciá vai votar e, tras facerlle unhas preguntas, Charlín di que está incapacitada para votar. Aragunde acusouno de acosar á muller.

     

    Este vídeo que recolle o momento da votación dunha veciña de Cambados foi un dos protagonistas da xornada electoral do domingo. Nel quérese denunciar a presunta carretaxe.

    Hoxe o Partido Popular da vila saíu ao paso, criticando a actitude do autor do vídeo: o edil de Somos Cambados, Xurxo Charlín, que nese momento exercía de apoderado de En Marea.

    Para Aragunde, Charlín fai abuso da súa condicións de concelleiro. Por iso piden a súa dimisión.

    O vídeo foi un dos máis vistos nestes días, e tamén colleitou numerosas críticas nas redes sociais. De feito, dende En Marea optaron por retirar o gravado e pedir desculpas. Tampouco impugnaron a mesa electoral como pide Charlín no vídeo.

    Ademais de solicitar a súa dimisión, os populares aseguraron que están consultando tomar medidas legais contra o edil por esta actitude que cualifican de bochornosa e ilegal.

    Xurxo Charlín, pola súa banda, desbotou facer declaracións polo de momento.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/28/denuncia_pp_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/28/denuncia_pp_cambados.mp4{/flowplayer}