Máis de setenta veciños amosáronse interesados na adquisición de nichos

    ampliacionvistaalegre.jpgBOIRO> O executivo agardará ata finais de novembro para estudar a viabilidade do proxecto de ampliación do cemiterio municipal de Vista Alegre.

    {flowplayer}barbanza/vistaalegre.flv{/flowplayer}

    Hai varias semanas o concello mantivo na casa de cultura da localidade unha xuntanza multitudinaria á que acudiu un bo número de veciños interesados na adquisión de nichos no cemiterio municipal de Vista Alegre. Naquela reunión o executivo dou a coñece-las características do proxecto e explicou os trámites a realizar para a compra dos panteóns, aclarando ademais tódalas dúbidas existentes. A partir dese día abríase un prazo de inscrición que se prolongará ata finais de novembro para efectuar a correspondente reserva.

    Bo ritmo de reservas

    O tenente de alcalde, Xoán Xesús Ares, confía en que o ritmo de reservas continúe, cubrindo deste xeito as previsións iniciais do executivo para a realización desta actuación.

    Redacción Barbanza