![]()
CALDAS> Esta será unha das enmendas que presentarán no Parlamento tralo fracaso da iniciativa de saneamento defendida onte na Cámara.
{flowplayer}images/salnes/propostas_rexeneracion_umia.flv{/flowplayer}
O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reuniuse co alcalde caldense, Juan Manuel Rey, e os deputados Modesto Pose e Carmen Cajide para analizar o debate de onte no Pleno da Cámara, onde os socialistas defenderon a súa iniciativa para poñer en marcha un plan integral de saneamento do río Umia e os populares rexeitárona. O alcalde asegurou recibir onte unha sorpresa que cualificou de feito de covardía política e incluso persoal por parte do único parlamentario caldense da Cámara.
Juan Manuel Rey segue manifestando a prioridade de asegurar o abastecemento e o portavoz do Grupo parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegura que non é suficiente con limpar o vaso e anunciou enmendas ao orzamento aprobado onte. O Secretario Provincial, Modesto Pose criticou a falta de responsabilidade da Deputación de Pontevedra neste tema e lembrou que pouco mais dun ano atrás, a postura de Rafael Louzán, Presidente da Deputación, era outra.
Tamén o delegado Territorial da Xunta en Pontevedra se pronunciaba esta mañá respecto deste tema durante un acto institucional en Meis. José Manuel Cores Tourís insistiu na intención da Xunta de realizar un investimento importante na limpeza do vaso, para tratar de solucionar un problema que vai a máis.
Redacción Salnés









