O Celta conquista Cambados cun dos seus campus de verán

CAMBADOS> O Celta de Vigo desembarcará en Cambados cun campus de verán. Será entre o 11 e 15 de xullo. Está destinado para rapaces e rapazas de entre 4 a 16 anos. Ademais do Concello, nesta actividade tamén está implicado o Xuventude, que leva anos colaborando coa Fundación do Celta en diversas iniciativas deportivas.

Por primeira vez, o Celta organizará un dos seus campus de verán no concello de Cambados. Será entre os días 11 e 15 de xullo no campo municipal de Burgáns. A actividade está destinada a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos.

Ademais de fútbol, no campus tamén ensinarán valores e formación noutros aspectos, como a alimentación. Unha iniciativa que chega a Cambados grazas á colaboración que, dende hai anos, manteñen o equipo celeste co Xuventude.

O Concello, que tamén está implicado neste campus, celebra que o equipo contase con Cambados para esta iniciativa.

As inscrición pódense facer a través da páxina web do Celta de Vigo. Está aberta a público en xeral, cunha tarifa especial con desconto para toda a rapazada do Xuventude.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí