Os mexilloeiros reúnense coa Conselleira de pesca sen nengún resultado

    VILAGARCÍA > Os representantes das tres principais federacións de productores de mexillón (Opmega, Arousa Norte e Agame) mantiveron unha nova reunión coa Conselleira de Pesca Carmen Gallego tralo plantón protagonizado no encontro do pasado mércores. Aínda que parecía que o diálogo entre ámbalas dúas partes volvía a restablecerse o sector podería comezar as mobilizacións nun prazo de dez días.

    Para a Organización de productores de Mexillón de Galicia,  OPMEGA, a reunión mantida esta mañá coa conselleira de pesca Carmen Gallego  non deu os seus froitos. Nesta ocasión as principais federacións de productores de mexillón non deixaron plantada a conselleira e sentáronse a escoitala,  aínda que non remataron de convencer as súas palabras. En canto ó método integral de análises a administración comprometeuse unha vez máis ó estudo da  viabilidade da súa execución, e os productores esixen que se desenvolva de inmediato. O segundo punto máis destacable da xornada foron as indemnización do prestige, a conselleira afirmou que foi o Goberno Central o que estimou os doce mil euros por batea afectada e os representantes dos productores cren que non se defenderon os suficiente os danos exactos da marea negra en Madrid.  

    Esta tarde as tres federacións reuníanse cos representantes do sector para trasladar o seu malestar coa reunión mantida hoxe. Deste xeito e nun prazo de dez días podería desenvolverse a manifestación masiva en Santiago para protestar pola xestión da administración no episodio da marea vermella. 

    Por outra banda o consello regulador do mexillón cre que esta non é a mellor maneira de resolver as diferencias coa consellería de pesca xa que o sector está condenado a entenderse coa administración. O seu presidente, Ramón Díos, fai un chamamento a responsabilidade e o entendemento.

    Redacción Salnés