VILAGARCÍA> O Extrugasa prepárase para recibir a visita do Hondarribia Irún na sexta xornada da Liga Femenina. As vilagarciáns xogarán por primeira vez ante a súa afección en sábado e buscarán a cuarta victoria da temporada que lles manteña na parte alta da xeral.
{flowplayer}images/salnes/extrugasa_281010.flv{/flowplayer}
A derrota da semana pasada ante o Soller semella que calmou os ánimos, a euforia que rodeaba ó entorno do Extrugasa xa non é tanta. O arranque ligueiro non deixa de ser excelente, pero perder en Mallorca foi a confirmación de que nesta liga o que queira gañar un partido vai ter que pelexalo ata o final.
Loitou o Extrugasa pero faltáronlle forzas polo maratón de encontros e viaxes que tivo que soportar nos trece primeiros días de competición, nos que a federación meteu cinco partidos.
Agora, despois dunha semana na casa adestrando con normalidade, as cousas vense doutro xeito. Tito Díaz quería tempo e sesións preparatorias para que o equipo fose crecendo e mecanizando certos aspectos do xogo, sobre todo ofensivos. E de seguro que estes días serviron para iso.
Este sábado terán enfronte a un rival que non comezou demasiado ben a liga. O Hondarribia Irún, suma unha victoria en cinco partidos, se ben é certo que tivo que enfrontarse a tres dos catro equipos a priori máis fortes da liga: Rivas, Perfumerías e Mann Filter. Caeu cos tres e tamén coa Seu D’Urgel. O único triunfo das vascas chegou a domicilio ante o Soller.
O punto forte do Hondarribia é o seu xogo interior. Contan co teito da liga, a alemana Katja Bavendam que cos seus 2,02 é sempre unha gran ameaza. A serbia Jovana Rad, Marina Ferragut e a norteamericana Michelle Burgin completan un cuarteto temible na pintura.
O Extrugasa tentará pechar ben o rebote e correr o contraataque sempre que poida para incomodar o seu rival e acadar a cuarta victoria da temporada.
Redacción Salnés