Meira vence en Vigo pero Amegrove mantense líder

VIGO> Amegrove recuperou o liderato da Liga Galega esta fin de semana. Os de Porto Meloxo venceron o sábado na Guarda e onte foron terceiros en Vigo, onde gañou Meira. Todo apunta a que o título será cousa de dous.

Rompeuse o empate en cabeza en favor de Amegrove. As bandeiras da Guarda e Vigo sérvenlle ós de Porto Meloxo para ostentar o liderato en solitario. E iso que onte venceu Meira, o seu rival polo título, pero o quinto posto dos moañeses o sábado relégalles á segunda posición da xeral a dous puntos de Amegrove.

En Vigo vivíuse unha batalla pechada na quenda de honra. Tras dous longos moi igualados, pouco a pouco Meira foi abrindo oco. Tan só lles aguantou o ritmo Náutico de Vigo que quedouse a piques de vencer diante da súa afección. Por detrás, Amegrove foi de máis a menos pero resistíu as acometidas de Chapela para levarse o terceiro posto. Cabo da Cruz, máis retrasado, foi quinto e conserva esa mesma paraza na xeral.

Ó igual que Mecos, que levouse con autoridade a terceira quenda pero o seu tempo non lle servíu para mellorar a sexta praza que ocupan na táboa. Perillo superou a Vilaxoán que colleitou un oitavo posto.

A segunda quenda foi para a traíña de Coruxo, que protagonizou a sorpresa da xornada ó rematar novena na xeral final. Esteirana foi decimocuarta, Puebla decimoquinta, tras vencer na primeira tanda, e Rianxo volveu a superar ás Xubias. Estes dous puntos, mailos catro sumados o sábado, pemítenlles abandonar o derradeiro posto da xeral en detrimento dos coruñeses.

Redacción Salnés