RIANXO> Segundo os nacionalistas o centro rexistra humidades, filtracións de auga e o peche perimetral precisa un arranxo.
{flowplayer}barbanza/bngrianxorepintadobreasegade.flv{/flowplayer}
Deste xeito os nacionalistas súmanse a unha campaña iniciada pola propia comunidade educativa do colexio público Brea Segade de Taragoña coa que pretenden a realización dunha serie de melloras neste centro educativo, entre as que se atopan o propio repintado do edificio.
Máis de 27 anos
Dende a súa inauguración, hai xa 27 anos, o inmoble aínda non recibiu ningunha actuación importante a pesar das deficiencias que presenta. O feito de que non figurase partida algunha para este fin nos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2011, reabre de novo o debate. Por esta razón teñen previsto desenvolver unha iniciativa novedosa na que cada veciño pode facer a súa propia proposta de repintado do colexio, a cal lle será remitida ó propio presidente da Xunta.
Redacción Barbanza