A Deputación entrega ó Vilalonga unha axuda de 15.000 €

SANXENXO> A información deportiva está capitalizada estes días polo Vilalonga e os seus graves problemas económicos. A directiva celeste anunciou nun comunicado que só aseguran o pago das nóminas dos xogadores ata decembro e que precisan a axuda de pobo e institucións. A primeira chegou da man da Deputación de Pontevedra que apresurouse a facer o pago da subvención que lle adebedaba da temporada pasada.

O primeiro cheque que agardaba o Vilalonga xa chegou da man da Deputación de Pontevedra. Son 15.000 euros pertencentes á subvención que o organismo provincial lle prometera para a temporada pasada. Tardaron en chegar pero xa están San Pedro, uns cartos que non van mellorar a maltrecha situación das arcas do club pero que permitirán pagar unha das mesualidades que se lle adebedan ós xogadores.

O segredo a voces no que se convertera situación de impago que vivían os xogadores, fíxose público o pasado sábado a través dun comunicado remitido á prensa por parte do plantel. Un escrito que non tardou en ter desposta por parte da directiva. Todos semellan estar no mesmo barco, coa intención de salvar ó club dunha quebra que sería segura de haber desunión.

O que sí sorprendeu no vestiario é a postura da directiva de facerse responsable dos pagos ata decembro e logo abandonar ó club. Sorprende por varias razóns: primeiramente pola cantidade de cartos que teñen que pagar ó plantel: son dúas mensualidades para os xogadores deste ano, outras dúas e unha prima para os que xa estaban a temporada pasada e outro mes correspondente á 2008/2009, que afecta a varios xogadores e membros do corpo técnico. En total a cifra rondaría os 80.000 euros.

 Por iso no vestiario non se entende como se puido facer para este ano un presuposto de 230.000 euros se despois só se ingresa a terceira parte, e tampouco como a directiva deixará o equipo en decembro sen tentar acabar a temporada.

Con todo, os capitáns Machu e Saúl xa amosaron o total apoio dos xogadores á directiiva e traballarán como o resto, por tratar de recabar os apoios necesarios para que o club poida sobrevivir a este duro golpe.

Redacción Salnés