‘Merca na Rúa’ pretende reactivar o pequeno comercio e o consumo

    MERCA_NA_RUA_.jpgSALNÉS> Esta nova campaña que ven de impulsar a Dirección Xeral de Comercio levarase a cabo en dez localidades entre as que está Cambados e Poio.

    {flowplayer}images/salnes/MERCA_RUA.flv{/flowplayer}

    A Directora Xeral de Comercio, Nava Castro ven de presentar en Pontevedra a nova campaña ‘Merca na Rúa’. Unha iniciativa coa que se pretende reactivar o pequeño comercio e incentivar o consumo.

    Levarase a cabo en 10 localidades da provincia entre as que se atopan Cambados, Poio, Valga e Caldas de Reis. Ademais, contará cun orzamento total de 125.000 euros.

    O presidente da Deputación, Rafael Louzán acompañou á directora xeral de comercio na presentación deste programa que se porá en marcha esta mesma semana. A primeira localidade elexida é Forcarei.

    A campaña comeza cunha carpa informativa na que os cidadáns poderán coñecer os precedementos a seguir para participar neste proxecto. Nel sortearán 24 vales de 100 euros e 2 de 300, que deberán gastarse nos comercios da zona. Para participar haberá que presentar tikets de compras realizadas durante o tempo que dura o Merca na Rúa.

    Redacción Salnés