O PSOE denuncia a falla de informes na conta xeral de 2009

    psoepobraxestioneconomica.jpgPOBRA> O PSOE da Pobra denuncia a falla de transparencia na xestión económica do concello.

    {flowplayer}barbanza/psoepobraxestioneconomica.flv{/flowplayer}

    Os edís socialistas solicitaron unha serie de informes para o debate e aprobación da conta xeral correspondente ó exercicio de 2009.

    O PSOE denuncia os atrancos que pon o goberno local para negarlle o acceso a esta documentación que, din, é necesaria para entender o exercicio económico e coñecer o destino real dos fondos públicos.

    ‘Documentación irrelevante’

    Pola súa banda, dende o executivo sosteñen que estes informes non son relevantes e non existe obriga legal de facilitarllos á oposición. Pero lonxe de crer que son irrelevantes, os socialistas sospeitan que agochan unha serie de chapuzas administrativas que non son compatibles coa transparencia e honradez que debería rexer a xestión das arcas públicas.

    Redacción Barbanza