Noia renova a rede de abastecemento na contorna do casco histórico

NOIA> O Concello renova un tramo de 140 metros da rede municipal de abastecemento de auga na contorna do casco histórico. As obras, que dan continuidade ás xa realizadas no Malecón de Gasset, permitirán mellorar o servizo á veciñanza da zona.

A Brigada do Servizo Municipal de Augas encargouse da execución estes días das obras de renovación dun tramo de aproximadamente uns 140 metros na contorna do casco histórico da vila, dando así continuidade ós traballos realizados anteriormente no Malecón de Gasset. O executivo local aproveitou o corte de tráfico polo desenvolvemento das obras de adecuación da fachada marítima para efectuar esta pequena actuación e así causarlle os menores prexuízos ós veciños. Os traballos permitirán poder ofrecer un mellor servizo de abastecemento de auga ós residentes nesta zona, xa que se trataba dun tramo moi antigo, en fibrocemento, e de difícil solución ante posibles avarías, as cales, de producirse, ocasionarían cortes no subministro que afectarían a un sector amplo das rúas do casco histórico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí