O xulgado frea a demolición dun chalé construído en zona de costa

    chale_sanxenxo copia100.jpgSANXENXO> A vivenda fora denunciada en 2006 e declarada ilegal, unha sentenza recorrida en varias ocasións polos propietarios.

    {flowplayer}images/salnes/DEMOLICION_CHALE_SANXENXO1.flv{/flowplayer}

    A demolición desta casa, na Praia de Pragueira, comezou ás 11 desta mañá. Sen embargo, á 1 do mediodía, os traballos paráronse ó recibir os encargados unha chamada do xulgado que anunciaba a súa paralización, despois de que os propietarios recorresen a sentenza.

    A vivenda fora declarada ilegal no 2006, despois de que tras unha denuncia se comprobase que estaba construída en zona de costas e solo rústico, segundo unha lei de 2003. Sen embargo, dende a familia aseguran que a casa foi construída en 1999, polo que a norma non afectaría á súa propiedade. Despois de varias apelacións presentadas dende maio deste ano, os titulares da vivenda recibiron unha notificación que sinalaba a data de hoxe como o momento para a demolición.

    Os nervios marcaron esta mañá os momentos previos a que comezasen os traballos e o desaloxo da casa, que rematou con todo o mobiliario na rúa. Incluso a propietaria, tivo que ser atendida tras sufrir un ataque de ansiedade.

    Polo de momento, a demolición está paralizada, mentres que os propietarios solicitan poder facerse cargo de desmontala para trasladala a outra zona. O vindeiro luns será o xulgado o que decida como se resolve o caso.

    Redacción Salnés