CAMBADOS> O Instituto Francisco Asorey de Cambados desenvolveu ó longo do presente curso un proxecto de astronomía grazas á concesión dun Plan…
{flowplayer}images/salnes/robotica_asorey.flv{/flowplayer}
… de Mellora da Excelencia na Educación para a provincia de Pontevedra. Deste xeito, os rapaces aprenderon as nocións básicas de como entender a bóveda celeste, e tamén a creación de robots a escala cos que se poderían explorar novas posibilidades máis aló do noso planeta. Nestas actividades concorreron distintos departamentos, principalmente o de Tecnoloxía no que afondaron na robótica vencellada á astronomía.
E tamén como non co departamento de Física e Química, mediante o cal puideron conectarse ca radioantena de Robledo de Chavela, noutrora útil para as misións espaciais e arestora, á disposición de tarefas educativas coma esta. Corte profesor física.
Nestas actividades participaron desta volta, alumnos cos mellores expedientes que puideron así ampliar coñecementos sobre un novo e ate o de agora descoñecido mundo para eles.
Dado o éxito desta edición, xa están pensando na do próximo curso na que se continuarán con algúns dos proxectos actuais e no que tamén se estrearán novas posibilidades; tamén para alumnos dos últimos cursos da ESO.
Redacción Salnés