A lonxa de Ribeira leva case un mes sen subministro de auga salgada

    deficienciaslonxaribeira.jpgRIBEIRA> Representantes  de ACOPERI veñen de amosar o seu malestar polo estado de abandono que presentan as instalacións da lonxa.

    {flowplayer}barbanza/deficienciaslonxaribeira.flv{/flowplayer}

    A última queixa vén provocada pola avaría das máquinas de subministro de auga salgada empregada para lavar e limpiar o peixe que levan sen funcionar dende mediados de outubro. Vai alá case un mes dende que se producía a avaría, e o concello segue a día de hoxe sen solucionarllo problema.

    Para os compradores de peixe e marisco, o subministro de auga salgada é parte fundamental do seu traballo, pois é necesaria para a limpeza e o lavado do produto que diariamente chega á rula ribeiresa. Por esta razón é habitual velos carregando auga ata os seus almacéns.

    Máis deficiencias

    A falla de luz tamén é unha cuestión preocupante para eles, que mesmo foi a causa dun accidente mortal nas instalacións hai varios meses.

    Tamén se queixan do estado do firme de todo o recinto con importantes socavóns e baches que dificultan o tránsito, así como a entrada de vehículos alleos á actividade portuaria, que aparcan en zonas nas que interrumpen o normal desenvolvemento da actividade do porto. Cuestións que, segundo eles, non se deberían producir nun porto coma o ribeirés, considerado como o primeiro de baixura de toda España.

    Redacción Barbanza