![]()
SALNÉS> O Extrugasa viaxa hoxe cara terras aragonesas onde mañá enfróntase a partires das 20:00 ó Mann Filter Zaragoza. Tamén xoga esta fin de semana o Establecimientos Otero, que trala semana de descanso recibe no Pombal ó líder do seu grupo, o Marín Peixegalego.
Coa vista posta na quinta victoria. Así viaxa o Extrugasa a Zaragoza, sabedor por outra parte que non é favorito nin moito menos. O Mann Filter, pese a levar tan só tres victorias en seis partidos, é para moitos o único equipo que lle pode facer sombra a Rivas, Perfumerías e Ros Casares.
No equipo maño hai varias caras coñecidas do Extrugasa. A primeira no banquiño, con Víctor Lapeña, e as outras dúas, na pista, coa base Keisha Brown e a ala-pivot Jaklin Zlatanova. Ambas son dúas grandes ameazas para o Extrugasa, xunto a Allison Feaster e Kay Henry. As opcións das vilagarciáns pasan por manter unha alta intensidade defensiva durante os 40 minutos e por saber pechar o rebote.
Na Liga EBA, despois da xornada de descanso o Establecimientos Otero busca a terceira victoria da temporada ante o líder do grupo. O Marín Peixegalego conta cun auténtico equipazo, algo que demostrou neste inicio ligueiro promediando a escandalosa cifra de 97,4 puntos por partido e valorando o equipo por enriba dos 102 puntos.
No bando local, Diego Doval insistíu esta semana ós seus homes na importancia que é manter un alto nivel defensivo. O técnico poderá contar con tódolos seus homes incluído Jesús Díaz, recuperado xa dunhas molestias no xeonllo.
Redacción Salnés









