Maniféstanse as traballadoras de Axuda a Domicilio do Grove

    Fotomanicopia.jpgO GROVE> Concentráronse diante do Concello para esixirlle ó alcalde que obrigue á empresa que ten estes servizos delegados, a cumprir co convenio colectivo.

     

    {flowplayer}images/salnes/MANIFESTACION_GROVE.flv{/flowplayer}

    As empregadas denuncian que a empresa Saudade Galega, está a cometar distintas irregularidades, como facerlles contratos por unha xornada inferior á que están a realizar, non pagarlles as horas a maiores como horas extras, ou obrigalas a empregar os seus vehículos e os seus teléfonos móbiles sen abonarlles despois os gastos debidamente.

    Segundo este colectivo o Concello do Grove que é o titular do servizo, está perfectamente informado da situación e aseguran que o propio alcalde, José Antonio Cacabelos se comprometeu xa no mes de agosto, a tomar cartas no asunto, aínda que a día de hoxe non houbo cambios. 

    Segundo CCOO as sancións e as reduccións de xornada acabarán finalmente en despidos a estas traballadoras, segundo elas, como castigo por denunciar estes feitos. Tanto é así que xa están a contratar novas traballadoras cando o volumen de servizos non aumentou. 

    Tamén denunciaron os retrasos nos pagos, que ás veces chegaron ata mediados de mes.

     Redacción Salnés