Vilagarcía contará cuns servizos sociais máis áxiles

    unidade_atencion_primaria_copia100.jpgVILAGARCÍA> A Unidade de Primeira Atención ven axudar ós usuarios no seu primeiro contacto co departamento.

    {flowplayer}images/salnes/UNIDADE_ATENCION_PRIMARIA_OK.flv{/flowplayer}

    O novo recurso co que contan dende hoxe os Servizos Sociais vilagarciáns está pensado para aliviar o traballo das Unidades de Zona, axilizar os trámites e mellorar a atención ós usuarios. Só no ano pasado, 10 mil persoas acudiron a este departamento, unha cifra que xustifica estas melloras.

    A Unidade de Primeira Atención atenderá os casos urxentes e orientará ós usuarios que acoden por primeira vez ós Servizos Sociais. Neste momento, o departamento funciona con cita previa. O novo recurso, que xa está implantado noutros concellos, axudará ós usuarios a aproveitar ese tempo de espera preparando as documentacións necesarias para realizar a súa xestión.

    A pesares de que dende o goberno local esperan que o servizo sexa permanente, o seu tempo de vida dependerá do apoio que reciban doutras administracións. De momento, a traballadora social encargada da nova unidade chegou a ela froito dun convenio coa Xunta que durará seis meses. Coa súa incorporación, pasan a ser seis os profesionais cos que conta o departamento. Segundo ela, a xente está satisfeita co novo servizo.

    Grazas a esta unidade, os servizos sociais poderán empezar a traballar os cinco días da semana. Ata este momento, o departamento pechaba a súa atención ó público para realizar os trámites das peticións.

    Redacción Salnés