Nin Alfredo Bea nin o Partido Galeguista, abandonan o tripartito

    cacabelos_bea copia100.jpgO GROVE> Cacabelos e Bea negaron os rumores que falaban da ruptura e defenderon a súa xestión conxunta.

    {flowplayer}images/salnes/CACABELOS_E_FREDI_BEA.flv{/flowplayer}

    Un goberno conxunto, responsable, que chega a acordos e preocupado polos grovenses. Así defenderon esta mañá a súa xestión o socialista José Antonio Cacabelos, o nacionalista Carlos Álvarez e o voceiro do Partido Galeguista, Alfredo Bea, os tres representantes dos partidos que forman o actual goberno do Grove.

    Con estas declaracións, José Antonio Cacabelos e Alfredo Bea, saíron ó paso dos rumores que aseguraban a ruptura do goberno tripartito do concello. Uns rumores que o alcalde socialista e o tenente alcalde atribúen á oposición.

    De producirse, esta sería a segunda baixa que sofre o concello do Grove dende comezos da lexislatura. O goberno da localidade saíu das eleccións como un catripartito, alianza que se rompeu ó abandonar o concello o representante de Esquerda Unida.

    Redacción Salnés