A compañía de teatro o Noso Lar regresa coa obra Cerrado por Bronca

VILAGARCIA> O grupo de teatro de O Noso Lar de Vilagarcía regresa coa súa gala de teatro catro anos despois. A compañía presenta a obra Cerrado por Bronca, unha peza humorística sobre diferentes relacións matrimoniais. A cita terá lugar o vindeiro venres 5 de maio e a recadación irá destinada a Cáritas.

A compañía de teatro O Noso Lar de Vilagarcía volverá representar unha obra catro anos despois. Tralo parón obrigado pola pandemia, o grupo recuperou a súa actividade e despois dun ano de ensaio estreará a obra Cerrado por Bronca.

A obra é unha peza humorística sobre diferentes situacións matrimoniais.

Despois de catro anos parados, a compañía afronta a estrea con moita ilusión e con xente nova. Estará composta por 10 actores e actrices, dos cales tres, debutarán este ano.

Para o concello o traballo realizado polo Noso Lar tradúcese nunha peza perfecta.

A representación terá lugar o vindeiro venres 5 de maio. As entradas están á venda no local da asociación e o día da estrea no propio auditorio. Terán un custo de 5 euros a recadación irá destinada a Cáritas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí