![]()
VILAGARCÍA> Outra das medida aprobadas foi a execución do saneamento do Castro, San Roque e Briallos, no concello de Portas.
{flowplayer}images/salnes/CONSELLO_XUNTA_060912.flv{/flowplayer}
O consello da Xunta vén de dar luz verde á sinatura do convenio polo que se executarán as obras de canalización do río do Con en Vilagarcía, actuación que ten como fin rematar cos asolagamentos que en épocas de chuvia intensa se producen na rúa Florida, e retirar o tramo do leito que atravesa o garaxe dun edificio.
Augas de Galicia encargarase de licitar e executar a obra. Consistirán na construción dunha nova canalización que evacuará as augas dende o inicio do canal ata as proximidades da rúa Florida, eliminando os treitos que discorren baixo as edificacións. Á construtora do edificio polo que atravesa o río deberá encargarse da parte dos traballos que afecten á edificación.
Outra das medidas que aprobou o concello da Xunta foi a mellora do abastecemento e saneamento en varios núcleos do concello de Portas. Instalarase unha nova rede separativa de pluviais e fecais, ademais de colocar unha nova depuradora e mellorar outros servizos como a iluminación.
Redacción Salnés








