O PP apoiará a moción sobre o novo ambulatorio pero con modificacións

    pp_vilagarcia_100_240210.jpgVILAGARCÍA> Os populares queren que se estuden outras localizacións para valorar a máis axeitada por situación e rapidez na construción.

    {flowplayer}images/salnes/240210_pp_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    O Partido Popular de Vilagarcía non quere dar a opción ó grupo de goberno a facer do futuro centro de saúde un tema de confrontación política. Por iso,o voceiro popular Tomás Fole asegura que no pleno de mañá apoiarán a moción que presente o executivo local sobre a ubicación do ambulatorio na parcela da antiga Comandancia da Mariña. Pero antes, proporán un texto alternativo para que se modifique o contido desa moción. Os populares pedirán nel que se realice un estudo para avaliar tódalas alternativas posibles para a construción do centro. Propoñen que o equipo de técnicos locais, representantes da consellería de Sanidade e diversos colectivos da cidade se senten para valorar, á luz do actual PXOM, cal sería o lugar idóneo para levantalo de xeito efectivo e no menor tempo posible.

    O grupo popular insiste en que nin eles nin a consellería de Sanidade descartaron nunca a opción de situar o futuro centro de saúde no edificio da Comandancia nin se impuxeron outros espazos como Sobrán ou Vilaxoán. Pídenlle ó executivo local sentido común, que este tipo de decisións se tomen co consenso da maioría dos grupos da corporación, e non que se pechen ás propostas dos populares por sistema, só coa fin de facer oposición política.

    Redacción Salnés