‘Galiciademoda’ escolle Sanxenxo para facer unha reportaxe de baño

    fotosesioncopia.jpgSANXENXO> Agardando que o tempo acompañe, a revista ‘Galiciademoda’ comeza xa a adiantar de cara á Semana Santa cales serán as tendencias este ano na moda de baño.

    {flowplayer}images/salnes/SesionFotosGaliciademodaWeb.flv{/flowplayer}

    Nós colámonos hoxe nesta habitación do Hotel Augusta, convertida no camerino de Estefanía Dopazo, miss Coruña e a modelo Gemma Fabeiro.

    Entre traxes de baño, complementos, maquillaxe e sobre todo no medio dun ir e vir de xente traballando para que todo esté perfecto, atopamos a Francisco, director da revista.

    Deixamos ós profesionais dando os últimos retoques as modelos e nós saímos ós exteriores do hotel para que nos conte qué é exactamente Galiciademoda.

    Nesta reportaxe mostráronse coleccións de baño de recoñecidas firmas galegas, entre outras Bora Bora de Paula Vázquez. Para unha reportaxe de baño a localización non podía ser mellor.

    Haberá que agardar ás fotos para ver se realmente parece o Caribe, pero polo de agora o que sí é certo é que nos achega un pouquiño máis ós aires do verán.

    Redacción Salnés