O percebe de Aguiño cotiza á alza ante a escaseza noutras lonxas

    campaapercebe.jpgRIBEIRA> A segunda semana de campaña extractiva na zona sur está a ser moi positiva para os percebeiros de Aguiño.

    {flowplayer}barbanza/campanapercebeaguino.flv{/flowplayer}

    Os percebeiros da confraría de Aguiño iniciaron a semana traballando nas concesións da zona sur, entre Sálvora e Sagres, a pesar da alerta vermella polo temporal. A decisión non puido ser máis acertada posto que a escaseza de percebe noutras rulas favoreceu a cotización, o máis grande chegou ós 120 euros o quilo mentres qeu o mediano rondou os setenta euros.

    Os valores son máis que aceptables tendo en conta que non se trata do percebe de maior calidade posto que o mal tempo impediu o acceso ás rocas onde se atopa o mellor produto.

    As expectativas desta campaña son moi optimistas debido á abundancia de produto e de cría que asegura as campañas vindeiras. Dende a confraría, organizan as xornadas de traballo coa vista posta na campaña de Nadal á que agardan chegar nas mellores condicións

    Redacción Barbanza