Boiro prepárase para a súa semana grande

    BOIRO> Boiro prepárase para a súa semana grande coa celebración das súas festas de verán. Serán en total sete días de celebracións con actividades do máis diverso para satisfacer a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores.

    O programa das festas mantén unha estrutura semellante á de anos anteriores, cunha mestura entre tradición e modernidade. As celebracións arrancarán mañá venres coa lectura do pregón na praza do Concello, este ano a cargo das trablladoras da conserva, a quen se lle renderá este ano homenaxe, destacando a importancia deste sector no desenvolvemento do municipio. a partir de aí cinco días de troula e diversión cun único obxectivo por parte da comisión de festas: elaborar unha oferta ampla e variada, adaptada ós gustos das distintas idades. sen dúbida as verbenas serán un dos pratos fortes dos festexos coas mellores orquestras de Galicia: Combo Dominicano, Panorama e París de Noia, o luns, o martes e o mércores, respectivamente. Mañá venres tamén se celebrará o Concerto pola Igualdade na Praza do Centro Social coas actuacións da Roda e Najla Shami. O sábado, no parque da Cachada terá lugar a tradicional recreación da malla, coa actuación dos grupos tradicionais Faíscas, Arume e Lumieira. O domingo terán lugar as actuacións de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre; o martes tocaralle a Caxade e o mércores actuarán Ortiga e Maryland.