A confraría de Rianxo solicita o uso do punto de control como batea de preengorde para a cría de ameixa

RIANXO> A autorización por parte de Portos de Galicia á confraría da Illa, do uso do punto de control como batea de preengorde para a cría de ameixa, foi unha das razóns que levou ó pósito rianxeiro a volver a solicitala.

Ata o de agora, a pesar das reiteradas solicitudes, sempre recibían a negativa por resposta.

O patrón maior Miguel Ángel Iglesias confía en que o ente autonómico, dependente da consellería do Mar, reconsidere a súa postura e permita, como na Illa, poder instalar alí un punto de preengorde para a cría de ameixa que posteriormente será sementada nas súas concesións marisqueiras.

Dende o pósito rianxeiro entenden que de non recibir unha resposta positiva á súa solicitude estaríase xerando un agravio comparativo entre as dúas confrarías.