Xunta e Granitos Triturados asinan o acordo para o cese da actividade

    granitostriturados copia100.jpgMEIS> A Xunta destinará 6 millóns 600 mil euros, que se repartirá entre as indemnizacións á compañía e ós traballadores.

    {flowplayer}images/salnes/ACORDO_GRANITOS_TRITURADOS.flv{/flowplayer}

    Con este acordo, Xunta, Granitos Triturados e traballadores, poñen fin a varios meses de negociación. Hoxe remataba o prazo fixado pola administración para o cese da actividade da empresa, un peche polo que recibirá ó redor de 6 millóns de euros.

    A pesares da perda do seu emprego, os dezaoito traballadores de Granitos Triturados conseguiron acordar coa Xunta a máxima indemnización, que se corresponde ó pago de 45 días por ano traballado. Ademais, a empresa comprometeuse a buscar a súa recolocación.

    Segundo Cores Tourís, os algo máis de 6 millóns 580 mil euros que se destinarán ó pago das indemnizacións a empresa e traballadores, xa estaban presupostados pola Xunta nos orzamentos para as obras do nó de Curro.

    O delegado Territorial amosouse satisfeito polo conseguido no acordo, co que se elimina a única traba para continuar a realización do proxecto. A empresa, que pecha a pesares de que a súa actividade proporcionaba beneficios, terá ata o vindeiro día 15 de xaneiro para desmontar a maquinaria e baleirar a súa nave.

    Redacción Salnés