Os profesionais dan o visto bo ó deseño do novo hospital

    xerente_hospital copia100.jpgPONTEVEDRA> Dez grupos mantiveron xuntanzas coa xerencia durante as que puideron aportar modificacións ó proxecto.

    {flowplayer}images/salnes/XERENTE_NOVO_HOSPITAL.flv{/flowplayer}

    Un proxecto arquitectónico que recolle as necesidades de plantilla e pacientes e moi adaptado ó plan funcional elaborado polos profesionais. Así foi como definiu o xerente do CHOP o deseño presentado polo arquitecto encargado da construción do novo hospital pontevedrés, en Montecarrasco.

    Despois da elaboración do plan funcional, no que tamén participaron varios grupos de profesionais, o equipo de xerencia mantivo dez reunións con outros tantos grupos de traballo da sanidade para realizar estas valoracións e aportar posibles modificacións.

    Segundo o deseño actual, o hospital contará con tres áreas: hospitalización, servizos centrais e consultas externas, e cumpre as necesidades que se esperan do que se plantexa como o centro hospitalario de referencia en Pontevedra.

    A xerencia xa devolveu o proxecto coas súas aportacións ó equipo arquitectónico e á Consellería de Sanidade, co obxectivo de cumprir os prazos que fixan a presentación oficial do deseño antes de finais de ano.

    Redacción Salnés