MUROS> O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 achegará ata Muros tres actividades culturais de diverso formato. A primeira delas terá lugar hoxe mesmo co concerto ‘Enraizadas’a cargo da solista Sofía Espiñeira e acompañamento musical da banda ‘Caldo’.
Xa en outubro, os días dous e cinco, desenvolveranse unhas xornadas tituladas ‘Onde están as mulleres da cultura? Destacadas profesionais intervirán nas sesións ofrecendo a súa experiencia vital e profesional. Serán no centro cultural ás doce e media da mañá.
O teatro tamén chegará a Muros o tres de outubro da man de ‘Ibuprofeno Teatro’co ‘O mel non caduca’. Será ás nove e media no centro cultural.
Os interesados en asistir deberán reservar entrada previamente na casa da cultura. O prazo abrirase a semana de celebración de cada evento.
Estas actuacións enmárcase no fondo de proxectos culturais Xacobeo 2020. Segundo explicou o secretario xeral a intención da Xunta é darlle continuidade a esta programación para o que adxudicará unha nova resolución dotada con medio millón de euros.