A oposición tomba a modificación de crédito por falta de información

    pleno_extraordinario copia100.jpgO GROVE> O tripartito buscaba a aprobación para solicitar un préstamo de preto dun millón de euros.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_EXTRAORDINARIO_GROVE.flv{/flowplayer}

    Cunha sala chea de veciños, onte celebrábase en O Grove un pleno extraordinario para levar a cabo a aprobación da modificación de crédito mediante a concesión dun préstamo extraordinario de novecentos sesenta mil euros. Un punto da orde do día que non chegou a votarse xa que os tres partidos da oposición: Partido Popular, Alternativa Meca e Esquerda Unida pronunciáronse en contra da urxencia da sesión debido á falta de información sobre o contido da proposta. Xan Lamelas considerou que foi un exemplo máis de improvisación do goberno local e instou ó alcalde a que convoque unha reunión para informar á oposición en que se vai a inverter os cartos e despois se celebre outro pleno extraordinario.

    A cuestión que suscitou maior malestar entre o PP e Alternativa Meca foi as declaracións do alcalde nas que asegurou que si informaron á EU sobre a solicitude. Ademais, asegurou gran parte deses cartos, uns seiscentos mil euros, se ían destinar á construción dun pavillón e lamentou que os grupos da oposición se opuxesen a inverter en temas coma este. Explicou que o motivo de convocar un pleno extraordinario se debe a unha cuestión de prazos.

    Tras unha única quenda de palabra para cada un dos grupos da oposición, o alcalde meco deu por finalizado esta sesión extraordinario.

    Redacción Salnés