As baixas cotizacións marcan o arranque da campaña do bou

    boudevararianxo.jpgRIANXO> Cunde o desánimo nos mariñeiros que empregan esta tradicional arte de pesca pola prezo das capturas en lonxa.

    {flowplayer}barbanza/boudevararianxo.flv{/flowplayer}

    Cada día, a partir das dúas da tarde comezan a chegar ó peirao rianxeiro as preto de 50 embarcacións dedicadas ó bou de vara. Nada máis chegar ó porto inician os labores de descarga das capturas realizadas no día, fundamentalmente nécora, chopo e volandeira. Na maioría dos casos máis de dez horas de traballo, na procura dun xornal decente. Así as cousas e a pesar de que as capturas están a ser boas neste inicio de campaña, nos seus rostros pode verse o desánimo. O prezo que están a acada-las distintas especies recollidas en lonxa é moi baixo.

    Baixas cotizacións

    A nécora estes días cotízase entre os 29 euros a máis cara e os oito a máis barata, mentres que a volandeira oscila entre os 3’3 euros a de maior tamaño e o euro a de menor.

    Peche campaña

    A campaña manterase para a nécora ata despois de Reis, mentres que para o resto de especies prolongarase ata marzo.

    Redacción Barbanza