Nova campaña da declaración da renda

VILAGARCÍA> A campaña da declaración da renda 2019 xa está en marcha. Os solicitantes poden acceder ó trámite a través da web da Axencia Tributaria ou acudir a unha asesoría. Hoxe contámoslles as claves a ter en conta.

O pasado 2 de abril daba comezo unha nova campaña da declaración da renda. A Axencia Tributaria ten habilitado un portal web para que os solicitantes poidan acceder ós seus datos e facer os trámites. No caso de facela online, cabe a posibilidade de que o borrador de Facenda non contemple todos os gastos ou ingresos de cada contribuínte. Como todos os anos, o exercicio do 2019 vén con novidades que non todos coñecemos.

A importancia da declaración da renda fai que a xente sexa moi precavida e non espere ós últimos momentos.

Deixar a declaración para o final pon o risco a posibilidade de poder presentar toda a documentación necesaria.

O exercicio do 2019 será o primeiro no que non se permitirá presentar a declaración por escrito. A campaña pechará o 1 de xullo.