Os ladróns do cobre deixan sen teléfono a varias aldeas

    roubocobrecures.jpgBOIRO> En total roubaron uns 250 metros de cable da rede de teléfonos cun valor aproximado no mercado duns dez mil euros.

    {flowplayer}barbanza/roubocobrecures.flv{/flowplayer}

    Operarios da empresa Montelnor, entidade colaboradora de Movistar, afanábanse esta mañá nos traballos de reposición das liñas ó longo da estrada que une Boiro e Noia, concretamente nas parroquias de Macenda e Cures. En total os ladróns roubaron uns 250 metros de cable de cobre valorados nuns dez mil euros.

    Esta non é a primeira vez que os amigos do alleo actúan nesta zona. O illamento do lugar alenta ós ladróns a realizar este tipo de actividades delictivas.

    Restablecemento servizo

    Movistar tiña previsto restablecer o servizo no día de hoxe pero os afectados aseguran que esta situación lles está a causar un grave prexuízo.

    Banda organizada

    Todo apunta a que se trata dunha banda organizada, habituais xa deste tipo de roubos a gran escala. A Garda Civil de Boiro xa iniciou as investigacións para dar cos posibles autores destes feitos.

    Redacción Barbanza