Rianxo sumarase á causa saharaui cunha andaina solidaria

    RIANXO> Rianxo acollerá o próximo 20 de agosto unha carreira-andaina nocturna solidaria en favor da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. A proba, co nome ‘Castelo da Lúa’, arrancará ás nove e media da noite dende a praza Castelao. A asociación Barbantia Roda, o Club Atletismo Rianxo e o propio concello, únense na organización desta carreira-andaina nocturna ‘Castelo da Lúa’ que terá lugar o próximo día vinte de agosto. A proba terá un marcado carácter solidario, xa que todo o recadado irá en beneficio da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para que poida continuar traballando pola súa causa. Dende SOGAPS agradeceron a colaboración das distintas entidades que organizan esta proba, facendo unha chamada a participación, xa que coa axuda contribuirán a poder seguir desenvolvendo a súa importante labor en favor do Sahara. Tanto a carreira coma a andaina terán un carácter popular, polo que os percorridos serán dun perfil e unha distancia accesibles a calquera persoa que as queira realizar. Toda aquela persoa que o desexe, aínda que non asista a andaina ou á carreira, poderá tamén colaborar coa causa a través do dorsal 0, facendo unha doazón polo importe que considere máis axeitado. Para máis información ou inscricións os interesados poden consultar a propia dirixirse ó Servozo Municipal de Deportes ou a traves da páxina web www.emesports.es.