Rematadas as obras de remodelación integral do paseo dos Mosqueiros

RIBEIRA> Rematadas as obras de renovación integral do paseo marítimo dos Mosqueiros. Esta actuación, xunto coa que se iniciará próximamente na Ameixada, suporán unha fonda transformación da fronte litoral de Castiñeiras.

O concello de Ribeira vén de rematar as obras do paseo dos Mosqueiros, cun orzamento de 210 mil euros. Ademais da renovación do pavimento e das beirarrúas para garantir a total accesibilidade, procedeuse á instalación dunha nova varanda, reforzo do alumeado e ampla dotación de zonas verdes.

A actuación terá continuidade con reforma do litoral de Ameixida, que vén de ser adxudicada. Suporá un investimento de 163 mil euros e seguirá o mesmo modelo dos Mosqueiros apostando por espazos de lecer para os veciños.

Non son estas as únicas actuacións previstas na parroquia de Castiñeiras xa que próximamente se acometerá a pavimentación da rúa Curros.