![]()
VILAGARCÍA> Segundo os implicados, as protestas non rematarán ata que conten coa garantía de que se cumpren as súas peticións.
{flowplayer}images/salnes/ACAMPADA_CGT_ALFAGEME.flv{/flowplayer}
Tres tendas de campaña a un lado da fábrica de Alfageme en Vilaxoán. Esta é a imaxe da nova protesta encabezada pola CXT. A pesares da situación que na actualidade vive a empresa, á espera agora da resolución dun xuíz e do remate dun ERE suspensivo, que remata o día 16, o sindicato insiste na súa viabilidade.
A defensa dos postos de traballo é o motivo polo que dende a organización sindical continúan coas mobilizacións. Unha postura na que contan co apoio das traballadoras.
Nas tres reunións mantidas entre CXT, CIG, CCOO e os actuais administradores de Alfageme, a CXT negouse a negociar as condicións dun ERE liquidatorio. Algo que fixeron as outras dúas centrais, que a entendían como a única saída ante a falta de compradores e de cooperación por parte da familia Lago, propietarios da empresa.
A CXT anunciou que continuará coa acampada no exterior da fábrica de Vilaxoán e as mobilizacións ata que consigan que o xuíz asegure o mantemento dos postos de traballo e apareza unha solución que non pase pola liquidación.
Redacción Salnés







