José Blanco promete á alcaldesa axilizar varios proxectos locais

    VILAGARCÍA > O secretario de Organización do PSOE, José Blanco, achegouse este mediodía ata Vilagarcía para saudar á nova alcaldesa. O socialista reuniuse con Dolores García e prometeu poñerse en contacto cos ministerios de Interior e de Defensa …

    … para que a comandancia e a vella comisaría da policía pasen a disposición do concello.

    joseblancodoloresgarcia_100807__still_300.jpgO secretario socialista, José Blanco, achegouse este mediodía ate o concello de Vilagarcía para reunirse coa nova alcaldesa, Dolores García. Nesta xuntanza falaron da axilización do proceso de rexeneración das praias, dos problemas dos accesos por estrada e da necesidade de que a comandancia e a vella comisaria e policía pasen a disposición do concello. En relación a isto José Blanco comprometeu acadalo mediando co ministerio de Interior e Defensa. Deste xeito a vella comisaría pasará a destinarse a actividades deportivas e na comandancia construirase a Casa da Creatividade e a Memoria.

    O socialista tamén se manifestou sobre as declaración do alcalde de Vigo, Abel Caballero, acerca da Area Metropolitana Pontevedra-Vigo. Caballero contestou o conselleiro Méndez Romeu afirmando que a única area metropolitana que se creará será a de Vigo sendo esta cidade a capital e él o seu presidente.

    En relación as declaración do partido popular de que o despregue técnico polos incendios das illas canarias foi menor ó de Galicia , Pepe Blanco, acusou ós populares de interesados e de contar o que lles convén en cada momento. Respecto da renuncia de Enrique León, Blanco comentou que o partido socialista vilagarcián fixo o correcto e que Dolores García é unha boa alcaldesa e está moi ben preparada.

    Redacción Salnés