O bipartito aposta pola retirada dos contedores subterráneos

contedoresportodoson.jpgPORTO DO SON> Tralas críticas vertidas polo PP ante a retirada dos contedores da praza de España, o goberno aclarou os motivos da súa decisión.

{flowplayer}barbanza/contedoresportodoson.flv{/flowplayer}

O executivo explicou que a súa decisión responde á necesidade de afastar estas instalacións dos lugares públicos destinados ó lecer. Explican ademais que os colectores se atopaban en mal estado pola falla de mantemento e a súa reparación supoñía un custo moi elevado polo que optaron polo seu precintado.

Dende o bipartito consideran que as prazas públicas non son o lugar máis axeitado para acoller este tipo de instalación. De aí, o seu desacordo coa instalación dos contedores subterráneos do Alto da Cruz en Caamaño que, no seu día, acometeu o goberno do PP.

Sen recollida de vidro

Non só pola ubicación senón polo custoso da obra e polas dificultades que ten o camión do lixo para acceder ata esta zona. Tanto é así, que o vehículo encargado da recollida do vidro non pode realizar o servizo polo que dende o goberno xa es está estudando darlles un novo uso ós dous colectores habilitados para estes residuos.

Seguindo a política de humanización iniciada polo goberno está previsto o traslado doutros contedores como os situados fronte ó Centro de Interpretación de Baroña ou no caso urbano de Portosín.

Redacción Barbanza