
VILAGARCÍA>
Un caldo en mal estado, con escuma e que houbo que tirar. Este era o primeiro prato que debían comer onte os nenos dos comedores escolares dos colexios de Carril, Vilaxoán e Rubiáns, en Vilagarcía. E a pinga que colmou a paciencia dos pais. As ANPAS destes centros denuncian que a empresa concesionaria do servizo, a malagueña Perea Rojas, ven realizando unha xestión pésima desde o inicio do curso. Reclaman á consellería de Educación que actúe, porque o de onte, din, non foi un feito illado. Días nos que non serven a auga ós cativos, menús escasos… son só algúns dos problemas que se veñen acumulando. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, enviou tamén hoxe unha carta á consellería de Sanidade e outra á de Educación para esixir unha rápida intervención. Ó parecer Vilagarcía non é o único concello que se ten queixado polo servizo que presta esta empresa nos comedores escolares, polo que desde Ravella consideran que se trata dun asunto de ‘saúde pública’.








