Pomóvil reúne 20 concesionarios e 230 modelos de coches

    pomovil copia100.jpgPONTEVEDRA> O obxectivo é achegarse ó público, ofrecendo modelos con prezos rebaixados respecto ó seu custo no mercado.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_POMOVIL.flv{/flowplayer}

    As últimas novidades do sector e incluso modelos exclusivos, que aínda non se poden ver nas estradas, reúnense dende esta mañá no Recinto Feiral de Pontevedra. Todoterreos, deportivos, monovolumes e todo tipo de coches e marcas, un amplo catálogo co que desfrutarán afeccionados ó motor e, por que non, algún comprador.

    En Pomóvil, os vendedores emprenden a difícil tarefa de converter os visitantes en compradores, coa esperanza de compensar os malos resultados do sector. Un obxectivo para o que colabora o axuste nos prezos: ata 6 mil euros menos con respecto ó custo no mercado.

    Ó longo da mañá, o salón atraeu a numerosas persoas. Afeccionados ó motor, potenciais compradores e incluso grupos de alumnos e profesores, aproveitáronse da concentración do último en tecnoloxía punta do sector.

    A mostra contou cun convidado especial: o autobús da selección española en Sudáfrica, que concentrou a numerosos curiosos.

    Pola súa banda, o salón do coche novo de Pontemóvil permanecerá aberto ata o domingo, de 10 a 2 e media e de 4 e media a 9. O simulador de Fórmula1, o concurso galego de aparcamento e o slalom Pomovil, son outras actividades propostas pola organización.

    Redacción Salnés