María Gude ocupará o número sete na lista do PSdeG pola Coruña

    RIBEIRA> A ribeirense María Gude ocupará o número sete na lista do PSOE pola Coruña ó Congreso dos Deputados. A socialista asume este reto con moita ilusión e co firme compromiso de traballar pola defensa da calidade na prestación dos servizos públicos. Os socialistas barbanzáns elixiron á ribeirense María Gude como a representante da comarca na candidatura ás próximas eleccións xerais. María Gude ocupará o número sete na lista da Coruña. Un reto que, á marxe do traballo que supón, permitiralle entrar en contacto coa cidadanía para coñecer os problemas reais. María Gude amósase convencida de que o próximo vinte de decembro producirase un cambio de goberno que o Partido Socialista ten moitas posibilidades de capitanear. Entre os seus obxectivos destaca, por riba de todo, o mantemento da calidade asistencial na sanidade e a garantía dunha educación pública sen recortes para tódolos cidadáns. A aposta polo público será tamén a súa prioridade se sae elixida como representante dos intereses do Barbanza. Ademais da defensa deste modelo de xestión, a candidata socialista considera necesario reorientar a inversión cara ós sectores produtivos, apoiando ó turismo e ó sector pesqueiro, dous piares básicos na economía da comarca. Estas políticas suporían, segundo a representantes socialista, un cambio de rumbo cara á recuperación económica e a creación de emprego fronte á xestión do Partido Popular que, di, ten levado o país á ruína.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí