A gañadora da campaña da Federación Galega de Comercio gasta os mil euros no comercio noiés

NOIA> A noiesa Carmen Miguéns resultou gañadora do premio de mil euros da campaña da Federación Galega de Comercio. O único requisito era gastar todo o importe nunha soa tarde. Bastáronlle dúas horas para esgotar o créditos en distintos establecementos do comercio noiés.

A afortunada gañadora da campaña de outono da Federación Galega de Comercio tivo ocasión de gastar os mil euros no comercio local de Noia. O único requisito era facelo nun só día. Acompañada de representantes de Noia Histórica e o presidente da Federación Galega de Comercio iniciou o seu percorrido na ferretería García.

Carmen Miguéns quixo agradecer este premio que chega no mellor momento para ela posto que está a piques de mudarse. Case todo o gasto foi destinado a equipar a súa nova casa.

A noiesa resultou agraciada con este premio que se sorteou nunha gala celebrada a pasada semana entre tódolos gañadores dun vale de 200 euros da campaña Merca no teu concello impulsado pola federación na provincia da Coruña.