![]()
CALDAS> O PP lembra que o problema da microcistina rexistrouse cando o actual líder dos socialistas galegos era conselleiro de Medio Ambiente.
{flowplayer}images/salnes/PP_CALDAS.flv{/flowplayer}
O Partido Popular de Galicia recrimina a PSOE e BNG que veñan agora a criticar a xestión que a consellería do Medio Ambiente está a facer coas concentracións de microcistina no encoro do Umia, cando eles tiveron a oportunidade de atallar o problema cando xurdiu, no 2006. Entón, Pachi Vázquez, actual líder dos socialistas galegos, ocupaba a carteira de medio ambiente.
Os populares aseguran que tanto PSOE coma o BNG se limitaron a dirixir as súas críticas contra o candidato á alcaldía de Caldas, Jesús Goldar, buscando dar un xiro electoralista á polémica. Lembramos que na sesión paralamentaria, os votos do grupo popular tombaron a proposición non de lei impulsada polos nacionalistas para pedir a demolición do encoro. O PSOE abstívose.
Fronte a esta suposta deixadez, os populares aseguran que a actual Xunta xa prepara un plan de xestión integral da conca do Umia para evitar a proliferación da microcistina. Agardan que estea rematado a principios do vindeiro ano, e aseguran que o seu orzamento superará os 6,7 millóns de euros que piden os socialistas para executar un saneamento integral do río.
Redacción Salnés










