Cambados redobra esforzos nos servizos sociais para atender necesidades derivadas do coronavirus

CAMBADOS> O Concello de Cambados reforza o seu departamento de Servizos Sociais para facerlle fronte á crise do coronavirus. Xa son 60 as familias do municipio que están a recibir vales de compra canxeables nos supermercados da localidade. Trátase dun incremento do 50% con respecto a antes de decretarse o estado de alarma.

Ante a situación de emerxencia sanitaria, Cambados reforza os seus servizos sociais. A día de hoxe xa son 60 as familias en situación de vulnerabilidade as que dispoñen de vales de compra canxeables en supermercados da localidade. Estamos a falar dun incremento do 50% con respecto a antes de decretarse o estado de alarma.

Tamén se mantén o servizo de axuda no fogar para o 60% dos beneficiarios que tiña, porque o resto renunciaron a el de xeito temporal, por pasar a ser coidados por familiares. Ademais, a través da Xunta, o Concello está valorando entrar nun servizo temporal e extraordinario de axuda no domicilio.

Dende o inicio da crise do coronavirus, o departamento de servizos sociais de Cambados recibiu xa máis dun cento de chamadas solicitando información de diferentes ámbitos. Porque o Covid-19 está a deixar moitas consecuencias sociais nestes intres que, segundo os profesionais, vaise agravar unha vez rematada esta situación excepcional.

Asegura que no ámbito social o peor está por vir, polo que cómpre, di, reforza-los recursos humanos deste tipo de servizos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí