A praia de O Terrón contará con 300 prazas máis de estacionamento

    VILANOVA> A praia de O Terrón terá un novo aparcamento para solucionar os problemas de estacionamento na época estival. Un terreo privado, dunha dimensión de 5.000 metros, cedidos por particulares durante  5 anos ao concello de Vilanova, para desafogar esta zona tan transitada no verán.  

     

    A praia de O Terrón contará este ano cunhas 300 prazas de estacionamento máis. Isto é posible grazas a cesión, por parte de varios particulares, dunha parcela duns 5.000 metros, situada moi preto da praia. 

    Os traballos de acondicionamento xa se están a realizar na actualidade, e como admitiu esta mañá o tenente alcalde de Vilanova, Javier Tourís, a intención, é que este rematada para a Festa de O Momo. 

    As obras estanse realizando coa nova retroniveladora da Mancomunidade de O Salnés, que foi adquirida hai pouco, e que ven a completar, un pouco máis si cabe, o parque de maquinaria da agrupación, como recoñecía esta mañá o alcalde de Vilanova, e tamén presidente da entidade, Gonzalo Durán. 

    Cabe destacar que o terreo é de varios particulares, que o ceden de maneira gratuíta durante cinco anos ao concello de Vilanova, para a creación de este aparcamento disuasorio, que fará, a bo seguro, a vida máis fácil a todos aqueles que se acheguen no verán a O Terrón. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/24/aparcadoiro_novo_terron_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/24/aparcadoiro_novo_terron.mp4{/flowplayer}